Grupos de lectura e escritura a demanda.
O que facemos con nenos e nenas tamén funciona noutras idades: ler en voz alta, conversar e escribir, amodo e sen pantallas. Se tedes un grupo, prepároo á vosa medida.
Para quen
- Persoas maiores
- Para centros de día, residencias e asociacións. Sesións de lectura en voz alta e conversa, con escritura breve se o grupo quere: lembranzas, lugares, palabras.
- Adultos
- Para asociacións, bibliotecas ou grupos de amigos. Un grupo de lectura lenta: un texto, unha conversa sen présa e, se apetece, escritura.
- Empresas
- Un obradoiro de dúas horas ou de media xornada para equipos: ler con atención, conversar sen pantallas diante e escribir.
Como é unha sesión
A base é a mesma que cos grupos de nenos e nenas: lemos en voz alta, conversamos sobre o lido e escribimos. Os textos, a duración e o peso de cada parte adáptanse ao grupo.
O práctico
- Onde
- No voso espazo, en Lugo e arredores.
- Formato
- Unha sesión solta ou un grupo con continuidade, semanal ou quincenal.
- Lingua
- En galego ou en castelán.
- Prezo
- Segundo o formato e o número de sesións. Envíovos orzamento coa proposta.
Quen o imparte
Son Tomás Magaña. Levo máis de vinte anos traballando con textos: como xornalista, como profesor universitario de Lingua e Literatura e agora como corrector de novelas. Tamén escribo ficción, e fun monitor de tempo libre.
Teño o Máster Universitario en Estudos Avanzados en Literatura Española e Latinoamericana, con Premio Extraordinario, e son doutorando en Literatura Hispanoamericana pola UCM, onde investigo como a literatura nos axuda a construír quen somos.
Cóntame que precisades
Respóndoche cunha proposta: formato, número de sesións, datas posibles e orzamento.
Recibido. Responderei canto antes cunha proposta.