Política de privacidade
Última actualización: 13 de novembro de 2026.
Esta política explica que datos persoais trato en Lentocuento, para que e que dereitos tes. Está escrita para que se entenda: se algo non queda claro, escríbeme.
Quen é o responsable
- Responsable
- Miguel Tomás Magaña Terrón (Lentocuento)
- NIF
- 44849242R
- Domicilio
- Lugo (España)
- Correo
- tomas@tomasmaganha.com
Que datos trato
- Formulario «Avísame cando abra un grupo»: o teu nome e o teu correo electrónico, o curso do neno ou a nena, a lingua que prefires, as tardes e a franxa horaria que che virían ben e, se queres dalos, o teu barrio ou zona de Lugo e como coñeciches Lentocuento.
- Formulario da guía para familias: o teu correo electrónico.
- Formularios de consulta para centros e outros grupos: o teu nome, o centro, a entidade ou a empresa, o tipo de entidade, o teu correo electrónico, o teu teléfono se queres dalo e o que me contes na mensaxe.
- Correos de Lentocuento: o teu nome e o teu correo electrónico, se marcas a caixa correspondente.
- Mensaxes: os datos que inclúas se me escribes por correo.
Na web non pido ningún dato do neno ou a nena máis alá do seu curso. Se despois decides apuntalo a un grupo, informareite á parte dos datos necesarios para o obradoiro e pedireiche os permisos que fagan falla, por exemplo para incluír os seus textos na antoloxía.
Para que os uso e con que base legal
- Avisarte cando abra un grupo e organizalo segundo a dispoñibilidade das familias. Base legal: o teu consentimento (artigo 6.1.a do Regulamento xeral de protección de datos).
- Enviarche a guía para familias que pediches. Base legal: o teu consentimento (artigo 6.1.a do Regulamento xeral de protección de datos).
- Responder ás consultas de centros, entidades e grupos e preparar unha proposta. Base legal: a aplicación de medidas precontractuais por petición túa (artigo 6.1.b) e o teu consentimento.
- Enviarche de cando en vez correos con lecturas e novidades, só se o pediches. Base legal: o teu consentimento. Para confirmalo, recibirás un primeiro correo no que terás que premer unha ligazón. Podes darte de baixa en calquera momento desde a ligazón que inclúe cada correo.
- Responder ás túas mensaxes. Base legal: o teu consentimento ao escribirme e, se me pides información sobre un obradoiro, a aplicación de medidas precontractuais (artigo 6.1.b).
Cando te apuntas ao aviso, á guía ou aos correos, recibirás primeiro unha mensaxe cunha ligazón para confirmar o teu enderezo. Así comprobo que o correo é teu e queda constancia do teu consentimento.
Non uso os teus datos para tomar decisións automatizadas nin para elaborar perfís.
Canto tempo os conservo
- Os datos do formulario de aviso, ata que abra un grupo e che avise, e como máximo dous anos desde que o enviaches, salvo que me pidas antes que os borre.
- O correo do formulario da guía, só o tempo necesario para enviarcha, salvo que tamén pedises os correos de Lentocuento.
- As consultas de centros e grupos, o tempo necesario para atendelas e, se chegamos a un acordo, o que esixan esa relación e a normativa fiscal.
- Os datos para os correos de Lentocuento, ata que te deas de baixa.
- As mensaxes, o tempo necesario para atendelas.
Quen máis accede a eles
Non cedo os teus datos a ninguén, salvo obriga legal. Para que a web e os envíos funcionen, traballo con estes provedores, que tratan os datos só por encargo meu (encargados do tratamento):
- Brevo SAS (París, Francia), que xestiona os formularios e o envío de correos. Brevo pode empregar provedores fóra do Espazo Económico Europeo, coas garantías que esixe o Regulamento xeral de protección de datos.
- Cloudflare, Inc. (Estados Unidos), que aloxa a web e rexistra datos técnicos das visitas, como o enderezo IP, por motivos de seguridade. Cloudflare está certificada no Marco de Privacidade de Datos UE-EUA.
Os teus dereitos
Podes pedirme en calquera momento acceder aos teus datos, rectificalos ou suprimilos, opoñerte ao seu tratamento, limitalo ou recibilos nun formato que poidas levar a outro sitio. Tamén podes retirar o teu consentimento cando queiras, sen que iso afecte ao feito antes. Abonda con escribir a tomas@tomasmaganha.com.
Se cres que non atendín ben a túa petición, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Cookies
Esta web non usa cookies. Tes máis información na política de cookies.