Obradoiros de lectura e escritura para colexios, ANPAs, bibliotecas e concellos de Lugo.
Chego coa sesión preparada: lectura en voz alta, conversa e escritura, adaptadas á idade do grupo e ao que queirades traballar. En galego ou en castelán.
Un tempo de lectura que non conta para a nota
Na clase, ler adoita ir unido a avaliar: un control, un traballo, unha nota. É parte do traballo da escola.
Un obradoiro de Lentocuento ofrece outra cousa: un tempo no que se le, se fala e se escribe sen que nada conte para a nota. Prepároo e lévoo eu, e vós non tedes que preparar nada.
Formatos
- Obradoiro solto
- Unha sesión dunha hora a hora e media. Para unha xornada especial, unha semana do libro ou unha visita á biblioteca.
- Ciclo
- De tres a seis sesións co mesmo grupo. Dá tempo a ler, escribir e revisar, e pode rematar cunha pequena antoloxía dos textos do grupo.
- Extraescolar
- Unha sesión semanal durante o curso, en grupos reducidos. É o formato máis parecido aos grupos de Lentocuento para familias.
Algúns exemplos
- Contar desde o outro lado
- Lemos un conto e reescribímolo desde outra personaxe. Obradoiro solto.
- O frautista en Lugo
- Levamos un conto clásico á nosa cidade e ao noso tempo, e vemos que cambia. Obradoiro solto ou ciclo.
- O conto propio
- Da lectura á escritura: cada participante escribe, revisa e le en voz alta, se quere, un conto seu. Ciclo de catro sesións.
- Día das Letras Galegas
- Lemos textos da persoa homenaxeada e escribimos a partir deles. Obradoiro solto, en galego.
Son exemplos: cada proposta prepárase para o grupo e para o que queirades traballar.
Como traballo co grupo
- Leo en voz alta e non pregunto despois se o entenderon.
- Falamos con preguntas abertas, sen respostas correctas. Quen non quere falar, pasa.
- As propostas de escritura son xogos. Ninguén ten que ler en voz alta o que escribe.
- Non hai notas nin correccións en vermello, e non avalío a ninguén.
- Se vexo algo que debades saber, dígovolo en privado.
A forma de traballar sae de Aidan Chambers, Gianni Rodari, Teresa Colomer e outros autores. Explícoa en Como traballo.
Como o organizamos
Contádesme
O grupo, a idade, as datas posibles e o que vos gustaría traballar.
Envíovos unha proposta
Co formato, as lecturas, o número de sesións e o orzamento.
Levo o obradoiro
Con todo o material. Se queredes, ao final déixovos os textos ou a antoloxía do grupo.
O práctico
- Para quen
- Alumnado de Primaria e Secundaria, e grupos de biblioteca. Cada obradoiro adáptase á idade.
- Onde
- No voso centro, en Lugo e arredores.
- Lingua
- En galego ou en castelán.
- Que preciso
- Unha aula ou unha sala con mesas e cadeiras. Pode quedar alguén do centro durante a sesión ou non, como prefirades.
- Prezo
- Segundo o formato e o número de sesións. Envíovos orzamento coa proposta.
Quen o imparte
Son Tomás Magaña. Levo máis de vinte anos traballando con textos: como xornalista, como profesor universitario de Lingua e Literatura e agora como corrector de novelas. Tamén escribo ficción, e fun monitor de tempo libre.
Teño o Máster Universitario en Estudos Avanzados en Literatura Española e Latinoamericana, con Premio Extraordinario, e son doutorando en Literatura Hispanoamericana pola UCM, onde investigo como a literatura nos axuda a construír quen somos.
Cóntame que precisades
Respóndoche cunha proposta: formato, número de sesións, datas posibles e orzamento.
Recibido. Responderei canto antes cunha proposta.